A Denominacion orixen da Costa da Morte
Ferrá Adriá intentou restar protagonismo aos produtos da Costa da Morte (A Denominacion orixen da Costa da Morte) pero non fixo máis que afianzar a súa presencia no Forum Gastronomic de Girona. Esta mañá de luns 21 de xaneiro de 2011 os mariscos da nosa bisbarra centraron a atención 90 profesionais (cociñeiros, hostaleiros, xornalistas gastronómicos…) de todo o estado. Todo gracias á presentación que realizaron os mestres cociñeiros María Josefa Insua Canosa e Francisco Insua Fernández, do restaurante O Fragón de Fisterra; no marco do ateneo que a Deputación da Coruña e a APTCM organizaron nunha das citas máis singulares da gastronomía española. Ademais tamén participaron o comercializador www.produtos-gallegos.com e Embutidos Domínguez.
Unha oportunidade esta fantástica para a nosa gastronomía. Así o recoñece Anabel Piñeiro, responsable da Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte, que destaca que a “divulgación da oferta e a aposta pola especialización está recollendo froitos”. I é que trala Fam Press da semana pasada, a nosa gastronomía costeira está espallándose a pasos axigantados.
E se o ano pasado foi o porco celta o representante da Costa no Forum Gastronómico de Santiago de Compostela, este ano o marisco tomou o relevo e mantivo o nivel. Ademais, os Mariscos e Cedeira, o Requeixo da Capela, os Grelos de Monfero, o Pan de Neda e o Polbo á Mugardesa tiveron o seu tempo de exhibición.
Un produto con denominación de orixe
A intención da corporación costeira era clara: amosar os segredos do xénero e probar de seguido os resultados. Pero cunha clara aposta pola relación entre produto e o seu lugar de orixe, que, segundo Piñeiro, “demostra que xa comeza a estenderse a idea de que o produto da Costa da Morte é de calidade”.